Sunday 05 de May de 2024

Miño finaliza un novo acceso á Fraga do Xarío desde a estrada de Perbes


• A través desta actuación instaláronse dúas pasarelas na senda para habilitar o acceso desde a DP-4803 á altura de Cásaa Barco, en Río de Bañobre.

Miño finalizou os traballos a través dos cales se habilitou unha nova conexión da senda da Fraga do Xarío coa estrada DP-4803, en Río de Bañobre.

A actuación supuxo a instalación de dúas pasarelas de madeira, unha delas sobre o río Xarío, habilitando así un novo acceso ao itinerario desde a DP-4803, popularmente denominada como estrada de Perbes.

Deste xeito, a través destes traballos, o acceso á senda da Fraga do Xarío queda situada a unha distancia de tan só 500 metros desde a Praia Grande de Miño, promovendo deste xeito unha ligazón cun dos puntos máis frecuentados do municipio, especialmente na época estival.

O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, sinalou que a intervención “dalle continuidade a un dous eixos dá nosa política, conectando núcleos, aproveitanto a paisaxe, respectando a natureza e ofrecéndolle á veciñanza e aos visitantes unha alternativa de mobilidade sostible”.